martes, 19 de marzo de 2013

Cronica

PUEBLA DE SANABRIA

As portas da primavera PASO MIUDO arranca de ruta de fin de semana pa’ Castela e León provincia de Zamora, destino Puebla de Sanabria. ¡¡Dezaoito camiñantes, a máis nova do grupo con nove anos toda unha campioa!!



Sábado 16 de marzo.

1ª Ruta “CASCADA DEL SOTILLO”

Comezamos a ruta do sábado despois de comer con algo de modorra pero todo e poñerse a camiñar ….a modorra pouco a pouco vaise trocando en vitalidade!

O ceo estaba gris ameazando choiva e as temperaturas máis altas do que se esperaba pois os sendeiristas un tras outro non tardaron nadiña en ir sacando gorros, guantes, forros … pois íamos coma as cebolas!!

Iniciamos pisando unha fermosa alfombra de follas de carballo … de feito a ruta está no corazón dun belísimo bosque de carballos. As cores son as do fin do inverno … algo de laranxa, amárelo, tonalidades ocres maiormente … E logo de dar os primeiros pasiños xa empezamos a subir e apareceron as pedras baixo os nosos pes … en xeito algún facilitando o ascenso pois facían en casos de peldaños. Ahí foi onde os compañeiros e unha servidora comézamos a espirnos!

Había tramos, nos máis altos preto da cascada, nos que atopamos neve aínda!...e auga conxelada en forma de estalactita … máis de un e de unha se serviron do xeo a modo de granizado para paliar a sede!! Ía frío pero despois de subir e subir o corpo abrigaba mais que calquera abrigo. No alto había una fermosísima vista de todo o bosque e das montañas colindantes ….podíase palpar a inmensidade do vacío !!! Dende aquí xa sentíamos o ruxir da auga da cascada ….bendito sonido o da auga correr en liberdade!!!...en forma de fonte, de río, de riachuelo, de cascada ….da igual. Durante a ruta sempre nos acompañou o bendito sonido da auga correndo en liberdade!

E ahí estaba! Impoñente e maxestosa vestida de branco puro, feliz de compartir a súa beleza cos camiñantes … a cascada do Sotillo. A auga petaba con forza nas penas que estaban cubertas por un manto de neve!!! Foi algo máxico!! A pel estremeceuse unha vez máis coa beleza da natureza!!! Todos estábamos sorrindo nese intre!! ¿Por qué sería? Caeron unhas gotiñas moi febles de choiva que pronto cesaron dando tregua para a baixada.

E comezou o descenso menos pedregoso canto máis baixábamos … ata pisar de novo a reconfortante e preciosa alfombra de follas de carballo.

¿E a modorra do principio? Ninguén sabe onde foi!!! Esfumouse!! Todos sorrimos!!



Domingo 17 de marzo

2ª Ruta “SENDA DE LOS MONJES”

Amence o ceo gris e o chan mollado en Puebla de Sanabria. Din por ahí que choveu toda a noite...uns oíron e outros viron.

Tralo almorzo partimos no bus ata o lugar de saída da ruta cunha baixa entre os camiñantes, a bota rozou demais na ruta de onte.

Dende o bus xa se ve o Lago de Sanabria. Saímos camiñando de San Martín de Castañeda a 1300m de altitude. Percorridos uns metros de asfalto subindo, entramos no terreo pedregoso rodeado de carballos e penas cubertas dun manto de cor verde vivo!...as ramas das árbores abrazan o camiño … nalgures están as fadas agochadas. Seguro!

Os cumes das montañas están nevados perfilando o ceo que se volveu completamente azul. A vista do Lago dende ahí arriba é sinxelamente espectacular. E tal a quietude que envolve o momento que semella unha pintura … cautivador! Cruzamos o río, atravesamos lameiras e baixamos e baixamos polas pedras ata Ribadelago, pobo ao carón do Lago de Sanabria, e fin da ruta.

Ribadelago tristemente se fixo famoso o 9 de xaneiro de 1959 cando foi arrasado por uns 8 millóns de metros cúbicos de auga procedentes da rotura da presa de Vega de Tera. Dos 549 habitantes que tiña o pobo morreron 144 recuperando tan so 28 corpos. O pobo quedou completamente destruído a excepción de poucas casas. Hoxe reconstruído na súa maior parte.

De volta a Puebla de Sanabria para xantar todos xuntos e comentar o destacado da fin de semana … e de volta para a casiña.

GRAZAS compañeiros por este fin de semana. ¡VIVA A NATUREZA!

Yolanda Paz Pardo